lunes, 12 de enero de 2015

A POBREZA E A DESIGUALDADE

EN MOAÑA

Eu desde que vin isto estou bastante preocupado por este asunto de que en Moaña haxa moitas persoas que están pasando polo limiar da pobreza. Eu se coñezo a alguén cércana a min que está pasando por iso, axudaríano en todo o que puidera, pero como non teño esa desgraza de ter que pasar por iso, pois non me preocupo da xente de outros sitios porque en realidade dáme igual.
Eu penso que moita xente que é pobre meréceno porque non soubo xestionar a súa riqueza, por  pouca ou moita que foxe, ai que ser sensato e non malgastar os cartos.
Tamén é verdade que non é xusto que  os que son pobres porque os seus país eran pobres e eles non tiveron apenas recursos para saír a adiante, que sexan pobres, pero nós non podemos facer nada para resolvelo, e os ricos tampouco, porque eles ou os seus país ou avós fixeron as cousas que puideron e conseguiron chegar a una clase social alta. Os políticos son os que deberían dar cartos para que esa xente non este así, porque son os que máis ganan e malgastan durante toda a súa vida e son nos que confiamos os cidadáns e votámonos a uns en concreto para que resolvan todos os problemas do país, e o único que fan é empeoralo.
 Sobre a renda de inclusión social, penso que está moi  mal feita porque é practicamente imposible chegar a fin de mes unha familia de 3 ou 4 persoas con catrocentos euros ao mes.  

EN GALICIA
Os políticos de Galicia e máis o do resto de España, son todos uns corruptos que só pensan en gañar  máis cartos  dos  que necesitan para vivir e roubarlles aos que teñen menos cartos.

O primeiro que deberían preocuparse é de que as persoas non teñan dificultades para chegar a fin de mes e si fai falta darlle unha paga a maiores do seu salario, para os que teñen  dificultades, ou os que sofren enfermidades e durante toda a vida teñen que estar tomando medicamentos. Sobre todo aos que teñen nenos pequenos aos que teñen que cuidar e alimentar. Ou aos que se ven incapaces de pagar a súa hipoteca e acaban por quedarse na calle.
EN ESPAÑA
En España mentres que o 28,2 % da poboación vive en risco da pobreza e que as 20 persoas máis ricas controlen case toda a riqueza do país non é normal. Penso que deberían controlar que deixen de gañar tanto os ricos, e que empecen a subir os salarios aos empregados, para que haxa máis igualdade.

Miña opinión: Creo que deverian ser o goberno de españa o que debería preocuparse de que non houbera pobres en españa e non nós, uns rapazes de 15 anos, estudando a E.S.O  que non temos ni voz nin voto sobre calquera maior de idade.




1 comentario:

  1. Bos días Diego, lin o que puxeches e está bastante ben, pero falas moito sobre Moaña e Galiza comparado con España e tampouco pos nada da pobreza no mundo. Eu penso que deberías falar mais da pobreza en España e da pobreza do mundo pero polo resto eu penso que esta bastante ben, bo traballo.

    ResponderEliminar