Ondas do mar de Vigo,
vistes o meu amigo?
Ai Deus meu,verá cedo?
Ondas do mar de Vigo
vistes meu amado?
Ai Deus meu, verá cedo?
Se vistes meu amigo,
porque eu non o miro
Ai Deus meu, verá cedo?
Se vistes meu amado,
porque eu ei de velo
Ai Deus meu verá cedo?
Meu amigo,
onde estas que non te miro?
ven amodiño, meu amigiño,
Ai Deus meu, verá cedo?
lunes, 20 de octubre de 2014
miércoles, 8 de octubre de 2014
PRIMEIROS DÍAS DE CLASE
Este verán non o pasei moi ben porque me quedaron catro pendentes e só tiven un mes
de descanso. Na metade de Xullo tiven que empezar a ir a
clases e a estudar as pendentes que tiña, das catro aprobei dúas.
Miña nai non quedou moi contenta co de que
recuperase só dúas aínda que eu si, porque pensaba que ía a recuperar só unha. Agora
xa empezou o curso e teño bastante gana de facer xa cousas, para que se me pase
mais rápido o curso e volvamos a ir de vacacións de novo. Espero aprobar todas
para pasar un bo verán sen facer nada. Polo de agora non fixemos exames e
facemos poucos deberes.
Intentarei esforzarme en estudar para aprobar, porque non quero repetir e que
os meus amigos pasen para 4º e eu non. E ter que ir a clases todo o verán.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)