Unha
rapaza dille a súa nai "Mama, quero esa moneca!" Dixo que a pequena
Marta totalmente nerviosa de ter unha nova moneca . "Estaremos de volta
mañá para comprala, vale? Pero lémbramo", respondeu a nai na mesma tenda
de antigüidades.
Marta ten só 6 anos, consegue todo o que quere con só a súa
mirada de pena que lles vota aos país. Unha noite a rapaza non era capaz de
quedarse durmida pensando na nova súa moneca, incluso que lle faltara un brazo
sería a moneca máis bonita que vira nunca e das mellores da súa colección.
A maña
seguinte Marta almorzou vendo os seus
debuxos favoritos, como cada maña. Estaba tan nerviosa por esa moneca que tiña
moito sono de non durmir en toda a noite
e xa non quería esa moneca, xa non lle gustaba. Así que pasou toda a
tarde pensando en outras cousas e non lle dixo nada a nai de que tiña que ir a
comprarlle a moneca, porque xa non a desexaba.
Chegou a noite e Marta foise a durmir, como
tiña medo de durmir sola a nai foi con ela. Media hora despois, unha voz
temerosa espertou a nena murmurándolle
no seu oído: "subo 1, 2, 3 escalons
..." Marta asustada gritou para a
súa nai: "Mami, hai alguén nas escaleiras facendo ruido "a súa nai
tranquilizouse dicindo que non había nada en ningun sitio. Como a nai saíu do
cuarto, volveu escoitar a voz que sussurra
"vou por 4, 5, 6 escalons
..." Unha vez máis, chamou a súa nai. A súa nai respondeu de novo para
calmala, que sería o ruído da neveira.Pero a pequena voz subiu as escaleiras,
"vou por 7, 8, 9, 10 escaleiras xa
estou no corredor", repetiu a voz pequena, cunha risa tenebrosa.
Na mañá seguinte, a nai de Marta quedou
abraiada ao espertar antes da súa filla. Pero pensou nas dificultades que
tivera para adormecer e pensou que estaría cansa. Pero despois de unha hora,
parecía raro que aínda non tiña espertado, e foi para comprobar como estaba. A
nai gritou de terror ao ver a súa filla afogada no seu propio sangue e apuñalada máis de 17 veces, co brazo arrancado e vendo a
esa adorable moneca da tenda de antigüidades
co brazo da súa filla na súa man.

No hay comentarios:
Publicar un comentario